-
Notifications
You must be signed in to change notification settings - Fork 7
04 Alimentando o blog
Xa creamos a infraestructura de Jekyll que vos contei nas páxinas anteriores,... de verdade xa está feito?
2 Preparar a infraestructura para traballar con Jekyll
3 Construíndo o blog con Jekyll
Agora vai vir o mellor que é a chicha; ter onde poñer algo no blog.
Cada entrada no blog é un ficheiro. O ficheiro de cada entrada irá dentro da carpeta que xa temos fabricada e que chamamos _posts
Resulta que hai que seguir unha regra nos nomes deses ficherios: teñen que chamarse comezando pola data (outra desas esixencias que mira ti...) algo así como:
2016-04-21-primer.md
Pois vale, o ficheiro terá a pinta:
---
layout: post
title: "Esta é a boa"
date: 2016-04-21
---
Xa fabriquei o directorio _posts/ e puxen de nome a este ficheiro `2016-04-21-primer.md`
debería verse modificando:
* guións por barras
* .md por .html
[Fai clic aquí](https://irocho.github.io/blog/2016/04/21/primer.html)

Fixen todo esto coa axuda da [estupenda chuleta](http://packetlife.net/media/library/16/Markdown.pdf)
Fixen todo esto coa axuda do estupendo
http://jmcglone.com/guides/github-pages/
Do invento de [Jekyll](http://jekyllrb.com)
Se quixéramos ver só esta páxina web cómpre ir a un navegador e empregar o enderezo:
https://irocho.github.io/blog/2016/04/21/primer.html
E onde temos unha páxina podemos ter outra e outra...... é dicir, un ficheiro e outro, e outro,...
Jekyll xa se foi encargando de facer o listado de páxinas que temos (lembrades que para eso fixemos a carpeta blog
). Se queremos ver as ligazóns con todas as entradas que levamos feitas, teclearemos:
https://irocho.github.io/blog
A cousa vai indo con xeito, ou?
Seguimos en obras